Campeonatos Galicia CRI: Oros de Rodríguez y Valiño

Todos los campeones © Yaiza Fernández

Ciclistas de dezanove categorías competiron este domingo no Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual (CRI), que por segundo ano consecutivo se celebrou na localidade ourensá de Baños de Molgas. Os grandes triunfadores entre os 256 inscritos foron os membros dunha parella que defende as cores do Lasal Cocinas-Louriña. A elite lucense Aida Valiño revalidou a coroa feminina e o elite tudense Gustavo Rodríguez marcou o mellor rexistro de todos os participantes nun percorrido de 19 quilómetros.

O Club Ciclista Ourensano, en colaboración co Grupo Depootivo ADO Moure-Pro Deporte e a Federación Ciclismo Galego (FCG), organizou este evento que se puxo en marcha coa saída do paraciclista Alberto Abalde (Paraciclismogalicia) e que rematou cinco horas máis tarde co sub-23 Borja Gómez (Ponteareas) sendo o último participante en entrar en acción.

O mellor tempo da xornada no circuíto con inicio e final no Santuario de Nosa Señora dos Milagres asinouno Gustavo Rodríguez. Semanas despois de subir ao podio dos Xogos Paralímpicos de Tokio como guía de triatlón, o excorredor profesional de estrada detivo o cronómetro en 26 minutos e 6 segundos. Esa marca outorgoulle a vitoria na categoría elite cunha vantaxe de 1:07 sobre Aser Estévez (Team Oiense Turonia Maglia) e de 1:14 respecto ao seu compañeiro de equipo Iago Alonso (Lasal Cocinas-Louriña).

O segundo e o terceiro crono na clasificación absoluta do campionato protagonizáronos dous corredores máster-30. Damián Ramos (Norinver) impúxose na súa categoría cun rexistro de 26:50, rebaixando en 15” o tempo de Daniel Regueiro (Chantadino).

En canto ás mulleres, as tres máis rápidas foron ciclistas elite. Aida Valiño, defensora do título, repetiu éxito ao completar os 19 km en 30:56. A corredora de Castroverde bateu por 36 segundos a María Jesús Barros (Spol) e por 1:17 a Aida García (Team Farto-BTC).

No resto de categorías venceron María Filgueiras (Caimanes Betanzos) e Sergio Calvo (Emico-Erbi Bembibre) en cadetes; Laura Mira (Avanza-O Porriño) e Ricardo Buba (Vigo-Rías Baixas) en juniors; Carla Fernández (Team Farto-BTC) e Ivan Dias (Lasal Cocinas-Louriña) en sub-23; Eva Ortega (Biciosos-Rías Baixas) nas máster-30; Rocío Rey (Máster da Louriña) e Diego Álvarez (MTC) en máster-40; Juan Vigil (Astorga) nos máster-50, proclamándose campión autonómico Roberto Salvado (Bicis Oliveira); Manuel González Ojea (Bici O Con) nos máster-60; Alberto Abalde en MC2, Ángel López (Inclusivo Enki) en MH2, Alejandro González (Inclusivo Enki) en MH3, Álvaro Illobre (Pulpeiros Mugardos) en MH4 e Iván Montero (Paraciclismogalicia) en MH5.

A cerimonia de entrega de premios e de camisolas do último Campionato de Galicia de estrada desta temporada contou coa presenza de Xaime Iglesias, alcalde de Baños de Molgas, que estivo acompañado por Juan Carlos Muñiz, presidente da FCG; Carlos Moure, presidente do G.D. ADO Moure-Pro Deporte; e José Abalo e Jacobo Ucha, técnicos da FCG.

Clasificacións


Cartel de la edición 2021 © Campeonato Galicia CRI

Redacción / Ciclo 21

El Santuario de Nuestra Señora de los Milagros, en el municipio de Baños de Molgas (Ourense) acogerá este próximo domingo 26 de septiembre la disputa de los Campeonatos de Galicia de Contrarreloj, dos meses después de la celebración de las pruebas en línea, que coronaron a Tomás Pombo y Aida García en la categoría élite. Dicha localidad orensana ya acogió la pasada edición de la prueba en 2020, donde los vencedores fueron Aida Valiño y Samuel Blanco.

La prueba recorrerá un circuito de ida y vuelta de 19 kilómetros -15 en el caso de los cadetes-. En este evento podrán competir ciclistas de las categorías Cadete Femenino, Cadete Masculino, Junior Femenino, Junior Masculino, Sub-23 Femenino, Sub 23 Masculino, Élite Masculino, Élite Femenino, Master-30 Femenino, Master-30 Masculino , Master-40 femenino, Master-40 masculino, Master-50 femenino, Master-50 masculino, Master-60 y Ciclismo Adaptado.

El límite de participantes está fijado en 500 ciclistas, casi el doble que en la edición del año pasado, que deberán pertenecer a una de las cuatro provincias gallegas. Además, tres días antes de la competición, los participantes deberán rellenar un formulario covid como medida sanitaria de prevención. Los dorsales se recogerán el mismo día de la prueba, entre las 08:00 y las 09:30. La prueba dará comienzo a las 10.00 horas.

HORARIOS:

DOMINGO:19 DE SETIEMBRE:

8:00 – Apertura oficina permanente para recogida de dorsales y

10:00 – Salida del Primer corredor

14:45 – Salida del último corredor

15:30 – Entrega de premios.

ORDEN DE SALIDA TODAS LAS CATEGORÍAS

Edición 2020: Valiño y Blanco

RUTÓMETRO

TRACKER

DIRECTO TWITTER

 

PERFIL DE LA PRUEBA

Perfil de la prueba © Campeonato Galicia CRI

Perfil de la categoría cadete © Campeonato Galicia CRI

RECORRIDO

Recorrido de la prueba © Campeonato Galicia CRI

Recorrido de la categoría cadete © Campeonato Galicia CRI

PRESENTACIÓN OFICIAL

Presentación esta mañana en Estaciones Vivas-Baños de Molgas,del Campeonato Gallego Contrarreloj Individual-Copa Deputacion de Ourense.

Acto de presentación © ADO Moure

El delegado de deporte de la Xunta de Galicia en Ourense Manuel Pérez, Acompañado del alcalde de Baños de Molgas Xaime Iglesia, el Tecnico de la Federación Gallega de Ciclismo José Abalo, y Carlos Moure, durante la presentación

 


Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*